En Lugo sí para Hostelería e Comercio

CURSO ESPECIALIZADO PARA ESTABLECEMENTOS DE CONFIANZA

Recuperando a confianza nos establecementos de Hostelería e Comercio

Ante a dificultade da pandemia que estamos vivindo, a sociedade precisa que as empresas sexan referentes para facer fronte á incerteza, xerando CONFIANZA

É preciso que os traballadores poidan formarse en habilidades concretas que lles permitan transmitir seguridade ós clientes, ós provedores e a tódalas persoas que reciban nos seus establecementos.

UN NOVO ESCENARIO DE NORMALIDADE POST COVID 19

Características do curso

Este curso ten unha duración de 20 horas de formación específica para os sectores de Hostelería e Comercio.

Curso dirixido e titorizado por:

  • Dª Alicia González, licenciada en Mediciña 
  • Dª Paloma Moure, licenciada en Psicoloxía 
  • Dª Mar Castro, doutora en Comunicación

Módulo 1: Construindo a nova normalidade

Formación dende o punto de vista sanitario, que é a COVID-19, prevención, condicións sanitarias, coidados personais e seguridade no establecemento.

Módulo 2: Regresando ó traballo con Intelixencia Emocional
Formación dende o punto de vista psicolóxico e emocional. Pautas de conducta e habilidades sobre as emocións para manexalas con seguridade de cara ó público.

Módulo 3: Comunicación humana post COVID-19

Formación dende o punto de vista comunicativo. Como aprender a comunicar e trasladar seguridade no desenvolvemento da actividade a través da sinceridade e honestidade.

O curso está composto de contidos interactivos nos que se desenvolve o temario, actividades pensadas para asentar coñecementos e conceptos traballados a través dos contidos, que fagan reflexionar ós alumnos e desenvolver destrezas que poidan trasladar ó posto de traballo.

Pequenas avaliacións que axudan a asegurar os coñecementos e material adicional que as diferentes organizacións e Ministerios vaian publicando.

Dirixido a propietarios, autónomos, directivos, mandos intermedios, profesionais, personal de atención ó cliente e, en xeral, a todo o personal do establecemento.

Ó remate do curso, entregaráselle ao local e ao personal que completase a formación un Diploma Acreditativo de Establecemento de Confianza.

Esta é unha iniciativa promovida pola Deputación de Lugo e as asociacións de Hostelería e Comercio lucenses

NOA INNOVA S.L.

CIF: B-27422526
Teléfono: 982 804 524
© 2011-2024